Na Guarda e Pontevedra
Rueda anima a votar “con contundencia para apostar pola experiencia de Feijóo fronte a un experimento”
• Destaca que nestas eleccións se elixe a quen vai xestionar agora a pandemia económica, e recorda que nestes tres meses veuse a diferenza entre ter un goberno e outro.
• Pregunta cantas consellerías farán falta aquí para contentar a catro si no Goberno central fixeron falta 22 ministerios para satisfacer a dous socios.
Alfonso Rueda Valenzuela, José Manuel Cores Tourís, Marta Fernández-Tapias e Moisés Rodríguez, con Roberto José Álvarez Carrero e Mª Vanesa Alonso Gándara, minutos antes de comezar o mitin do Partido Popular deste venres en Camposancos
Infogauda / Camposancos (A Guarda) / Pontevedra
O candidato e presidente provincial do Partido Popular, Alfonso Rueda Valenzuela, anima a votar o 12 de xullo “con contundencia para apostar pola experiencia de dez anos de Goberno de Feijóo fronte a un experimento”. Pide non caer nin na confianza de que todo está feito nin no medo, porque ir a votar será totalmente seguro.
“É o que están esperando o resto de partidos que se presentan contra Feijóo. Que nos confiemos, que pensemos que todo está feito e que un voto non vai influír no resultado. Pero todos sabemos que as eleccións se gañan coas papeletas que entran na urna, e polo tanto cada voto é decisivo para que Galicia continúe cun Goberno experimentado ou, pola contra, co experimento dun multigoberno”. Foi durante os mitins que se celebraron hoxe en Camposancos (A Guarda) e Pontevedra, na parroquia San Andrés de Xeve, e nos que tamén participaron os presidentes locais do partido, Roberto José Álvarez Carrero e Rafa Domínguez, respectivamente.
Rueda recordou que nestas eleccións se vai elixir a quen vai xestionar agora a pandemia económica. “Nestes tres meses comprobouse diferenza de ter un goberno e outro”, e destacou que “o programa do Partido Popular apoia ás persoas que máis o necesitan, ás familias, aos emprendedores e aos traballadores”. Ademais, preguntou cantas consellerías farán falta aquí para contentar a catro partidos si no Goberno central fixeron falta 22 ministerios para satisfacer a dous socios. “Isto non é o que necesita Galicia, e aínda menos neste momento. Precisa dun Goberno único e cohesionado, que mire cara adiante, non un que mire cara os lados por se o traizoan ou por si hai descoordinación”.
Por último, puxo en valor a xestión do Goberno galego nos últimos meses. “Demostramos a nosa capacidade de resposta e respondemos con máis eficacia e anticipación”. Así, explicou que quince días antes de que se decretase o Estado de Alarma Galicia tomou decisións que foron decisivas para ter un mellor comportamento que outras comunidades. “Pelexamos por cada vida, e por iso houbo moitos maiores de 100 anos que recibiron a alta. E Galicia está orgullosa dese traballo, dos seus profesionais e do seu sistema sanitario”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario