O Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT) e o Museo do Mar da Guarda reabren súas portas
Vista parcial do interior do Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT), ubicado no Pico de San Francisco
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Equipo de Goberno Municipal que preside o alcalde Antonio Lomba Baz fixo público no día de hoxe un comunicado no que indica que coa entrada do mes de xullo estase procedendo a apertura de varios servizos e infraestruturas turísticas como o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega e o Museo do Mar.
Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT)
O Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT) ocupa o edificio deseñado como restaurante polo arquitecto porriñés Antonio Palacios Ramilo. Por subscrición popular a Sociedade Pro-Monte Santa Tecla compra e adapta o inmoble inaugurado como Museo en 1953 e no que se depositaron os materiais almacenados ata ese momento nun céntrico local situado no centro da vila.
Ofrece o MASAT unha completa colección de labras e esvásticas, moedas romanas, obxectos cerámicos, vidro,…, e como pezas singulares destacan un espléndido remate de torques decorado con finas filigranas e o cabezón do Trega, o achado máis emblemático das reescavacións realizadas en 2016 no poboado Mergelina, dirixidas por Rafael Rodríguez Martínez.
O horario de apertura é de martes a domingo de 9:00 a 20:30h nos meses de xullo e agosto.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.
Museo do Mar de A Guarda
Vista parcial do Museo do Mar de A Guarda
O Museo do Mar de A Guarda atópase no recinto portuario, nunha construcción denominada atalaia, ao final do paseo marítimo e conta con dúas coleccións: unha etnográfica cunha mostra etnográfica das antigas artes e aparellos de pesca e outra malacolóxica, cunha selección de cunchas de mar procedentes de todo o mundo.
Unha parte do patrimonio inmaterial está recollido en vídeos editados polo Concello: “Xentes do mar”, “Lendas de mar”, “Mulleres do mar” e “Tesouros vivos”.
Tasas de acceso:
•1 € adulto
•0,50 € menores de 14 anos
•0,50 € menores de 14 anos
•Gratuíto o primeiro sábado de cada mes e o Día dos Museos (18 de maio).
O horario de verán ata o 15 setembro, será de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h os sábados, domingos e festivos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario