13 de mar. de 2020

A GUARDA

O  equipo de goberno da Guarda acusa ao BNG local de falsear información sobre o proxecto de renovación do alumeado público 

No centro da imaxe, o alcalde do Concello de A Guarda, Antonio Lomba Baz, e seu equipo de goberno municipal formado polas concelleiras Mª Montserrat Magallanes Álvarez, Mª Elena Baz Rodríguez e Fátima Rodríguez Marcos, e o concelleiro Miguel Ángel Español Otero
Foto: Infogauda


Infogauda / A Guarda 

  Na mañá deste venres día 13 de marzo de 2020, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, tenente de alcalde e concelleira de Facenda, Persoal, Cultura, Deportes, Medio Ambiente e Patrimonio, do Concello de A Guarda, remitiu á Redacción deste xornal dixital transfronteirizo unha nota de prensa sobre unhas declaracións do grupo municipal do BNG en relación cunha subvención do IDAE”, na que o Grupo Municipal de Goberno, presidido polo alcalde Antonio Lomba Baz, do PSdeG-PSOE, dí textualmente o seguinte:


 Ante as noticias que apareceron en prensa estes días do grupo de BNG no concello de A Guarda nas que indicaba que, o grupo de goberno do PSOE tardou dous meses e medio en iniciar os trámites e que a consecuencia dese retraso perderíase a subvención de 735.000€, o equipo de goberno de A Guarda  afirma que:  

1.- Non hai risco de perda da subvención, iso e algo inventado polo BNG. O único que hai é o traballo do alcalde, Antonio Lomba, e do concelleiro responsable Miguel Español que fan un seguimento diario da obra máis importante para a localidade neste ano 2020. Os pasos dados ata agora están dentro dos prazos marcados polo IDAE.  

2.- O tempo transcorrido dende que nos conceden a subvención ata agora foi empregado en facer trámites administrativos, redactar pregos e redactar o proxecto. O nomal nestes casos.  

3.- O BNG non é significativo á hora de iniciar trámites, xa que o inicio dos trámites para adxudicar este importante proxecto xa está feito, foi este martes 10 de marzo nun pleno extraordinario e a proposta de inicio foi apoiada por todo o plenario (Equipo de goberno, PP, BNG e Converxencia Galega) 

4.- A solicitude da subvención ao IDAE e que acada os 735.000€, feita en pleno no 2018, só contou  cos votos favorables do grupo municipal socialista. O BNG non aprobou a solicitude de subvención.

Ningún comentario:

Publicar un comentario