O Concello da Guarda adopta medidas de prevención fronte ao coronavirus COVID-19
• A evolución do COVID-19 nos últimos días ten como consecuencia a adopción de medidas de contención extraordinarias.
Concello da Guarda
Responsables municipais están facendo un seguimento en tempo real en base ás recomendacións do Estado, da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, para establecer os protocolos a seguir ante a evolución do coronavirus COVID-19.
O Concello da Guarda vai a priorizar nos servizos de atención ao público municipais a atención de xeito telefónica e telemática, limitando na medida do posible a atención presencial e garantindo a prestación dos diferentes servizos.
Medidas adoptadas en relación aos espazos municipais e atención ao público:
• Inclusión de monográficos sobre unha axeitada técnica de hixiene das mans e informacións de interese para evitar posibles infeccións nos espazos municipais que permanezan abertos.
• Recomendación aos traballadores municipais de extremar as medidas de hixiene.
• Indicación aos servizos de limpeza a extremar a hixiene dos espazos municipais que permanezan abertos.
• Limitar a presenza de traballadores favorecendo o teletraballo.
• Na web municipal habilitouse un apartado específico para incorporar todas as recomendacións e informacións de interese de xeito que se dispoña dunha información actualizada.
Medidas adoptadas en canto ós servizos e actividades:
• Peche da Rede de Museos Municipal: Museo MASAT do Monte Santa Trega, Museo do Mar e Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz.
• Peche dos centros sociocomunitarios, do Conservatorio Municipal, do Centro Cultural, do Campo de Fútbol da Sangriña, da Piscina Municipal e do Pavillón Municipal.
• Suspensión de todas as actividades culturais, deportivas e, en definitiva, todas aquelas xuntanzas e reunións que non sexan estrictamente necesarias.
• Suspéndense tamén todas as accións formativas e cursos previstos nas vindeiras datas, así coma os procesos selectivos.
• Suspensión do servizo da Escola Infantil Municipal.
• Suspensión do mercadillo semanal dos sábados.
Recomendacións:
Recomendacións:
• Recomendación a todos os colectivos sociais, deportivos e culturais a evitar a realización de actividades públicas e o peche dos seus locais.
• Recomendación a toda a cidadanía de evitar a asistencia aos espazos privados e públicos onde exista concentración de persoas (parques, etc.).
As medidas adoptadas estarán vixentes dende o venres día 13 de marzo ata próxima comunicación en función da evolución do COVID-19. A única execpción é o servizo da Escola Infantil Municipal que permanecerá pechadá a partir do luns día 16 para dar tempo as familias a organizarse.
Ningún comentario:
Publicar un comentario