ESCOLARES DE CENTROS EDUCATIVOS DA LOCALIDADE COLABORAN NA PLANTACIÓN DE ÁRBORES NO MONTE SANTA TREGA
· Na ladeira comprendida entre a parte inferior do Miradoiro Areses e o Colexio Manuel Rodríguez Sinde, correspondente á Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de A Guarda
No día de hoxe, alumnado e profesores do Colexio das Solanas participaron nunha zona da plantación
Informa (fotografías e redacción): Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de A Guarda
A ComunIdade de Montes Veciñais en Mán Común de A Guarda fai público que tras a eliminación de eucaliptos e acacias na parte baixa do Miradoiro de Areses, ata a altura do Colexio Manuel Rodríguez Sinde, onde se ven realizando unha plantación de carballos, oliveiras, castiñeiros e nogueiras, entre outras árbores; no día de hoxe os alumnos do Colexio das Solanas participaron nunha pequena parte desta plantación como se comproba nas imaxes que se acompañan, e onde tíñamos previsto que mañá venres fose o Colexio da Sangriña e para a próxima semana o Colexio Manuel Rodríguez Sinde. Estes dous últimos non asistirán por prevención do COVID19, procedendo igualmente esta Comunidade de Montes co resto da plantación co persoal propio (4 persoas contratadas por un ano).
Na imaxe, escolares, profesores, traballadores da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de A Guarda, e membros da xunta reitora da mesma, na zoa próxima á plantación
A previsión para o remate desta plantación será o vindeiro mércores 18 marzo onde quedarán plantadas máis de 2.000 árbores autóctonas.
Esta Comunidade de Montes, agradecería a todo aquel que camiñe pola zona, que non entre nas plantacións ata que as plantas non teñan os titores para protexelas e sinalizalas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario