ATLETISMO
Novos éxitos para deportistas da Sociedade Atlética do Trega
Milu Rodríguez Baz, campioa de Galicia de 3.000 m marcha atlética feminina de pista cuberta, e Eduardo García Fernández, campión de Galicia en 800 m, de pista cuberta
Milu Rodríguez Baz e Edu García Fernández, pousando no poido coas súas respectivas medallas de ouro
Informa (fotografías e redacción): Sociedade Atlética do Trega
Esta pasada fin de semana esperábanos unha intensa fronte de competicións. Para empezar no recinto feiral de Expourense, Edu García Fernández, atleta máster e formado no club desde as categorías inferiores chegou a dar o seu máximo esplendor na categoría máster, proclamándose campión galego na proba de medio fondo de 800 m de pista cuberta, na proba mixta M35-M40; terceiro da xeral e facéndose en primeiro lugar na categoría M40 cun tempo de 2´11" 30, demostrando que a madurez neste deporte non ten límites.
En segundo lugar, tamén participaría na proba de 3.000 m marcha atlética feminina de pista cuberta, Milu Rodríguez Baz, proclamándose campioa galega máster 40 cun tempo de 16´20" ’0.
Desde aquí felicitarlles polos seus éxitos e animarlles a seguir así, afrontando o futuro novo desafío que teñen pendiente a fin de semana do 15 ao 20 de marzo no Europeo Máster en Braga (Portugal).
Marcela Morgado Rodríguez, coas cores do Atletismo Ourense, no circuíto de Valonsadero (Soria)
Para terminar, felicitar tamén á nosa nova promesa Marcela Morgado Rodríguez que o domingo pasado participou no LV Campionato de España de clubs, celebrado no circuíto de Valonsadero (Soria), nun evento deportivo que reuniu a máis de 2.000 atletas e unha asistencia de 7.000 persoas de público.
Marcela Morgado participou coas cores do noso filial o Atletismo Ourense, formando esta vez equipo con eles, acadando unha fantástica e sensacional 42ª posición na xeral individual e sendo a primeira en puntuar por equipos quedando na 19ª posición, sumando unha puntuación final de 374 puntos nun circuíto de 2.500 metros cun tempo de 9´45".
Ningún comentario:
Publicar un comentario