ATLETISMO
Álex Sierpes Pereira, da Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño, proclámase campión na 77 edición do Cros Internacional Juan Muguerza
A Concellería de Deportes do Concello de Tomiño, fai chegar os seus parabéns a este atleta e a todo o club polo seu traballo
Álex Sierpes Pereira, ao remate da carreira no Cros Internacional
de Elgoibar amosando o trofeo de campión
Informa (fotografías e redacción): Sociedade Atlética do Trega
A pasada fin de semana, o noso atleta Álex Sierpes Pereira volveu competir nunha
proba en terras vascas. Nesta ocasión foi no concello de Elgoibar, provincia de Guipúzcoa, onde, fai unha semana competira no Cros Internacional
de Amorebieta.
O atleta do Baixo Miño, Álex Sierpes Pereira, pertencente ao club Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño, proclamouse campión na categoría Sub 12 masculina, na LXXVII edición do Cros Internacional Juan Muguerza, disputado nas instalacións do estadio da Mintxeta (Elgoibar).
Álex Sierpes tivo que facer 2.052 metros, 2 voltas pequenas nas inmediacións e instalacións da Mintxeta, cal lle levou a facer un tempo de 7´19", proclamándose en solitario como claro vencedor da proba Sub 12 masculino, quedando en 2º lugar o catalán Nil Solé Lloret do club (A.A Xafatolis), e en 3º posto, o atleta de Aranda de Duero, Pablo Tardajos Ricón (Aranda La Granja de Mozo Ibercaja).
Con esta nova vitoria Álex encadea 5 grandes vitorias seguidas en probas do circuíto ADOC (esta tempada 2019- 2020 de Cros): XVI ATAPUERCA (Burgos), IV PONTE ROMANA (Lugo), XL VENTA DE BAÑOS (Palencia), LXVI CROS ZORNOTZA (Amorebieta), e 77 JUAN MUGUERZA (Elgoibar).
A Concellería de Deportes, fai chegar os seus parabéns a esto atleta e ao todo o club polo seu traballo.
Moitas felicidades Álex! A seguer así.
Moitas felicidades Álex! A seguer así.
Ningún comentario:
Publicar un comentario