MERCADO DE NADAL
Os días 13,14 e 15 de decembro, no salón de exposicións do Concello
Infogauda / O Rosal
Os días 13,14 e 15 de decembro, no Salón de Exposicións do Concello do Rosal, celebrarase o Mercado de Nadal.
O venres día 13, o Mercado de Nadal estará aberto de 18:30 a 21:30 e o sábado día 14 e o domingo día 15, de 11:00 a 21:30 horas.
Desde o Concello rosaleiro salientan que "o Mercado de Nadal do Rosal quere ser un espazo de oportunidades para os profesionais relacionados coa artesanía e o deseño onde se visibilize o traballo e talento creativo e innovador dos creadoras, artistas e artesáns (ilustración, fotografía, deseño gráfico, xoguetería, complementos, roupa e deseño doutros produtos en xeral)".
Ningún comentario:
Publicar un comentario