26 de nov. de 2019

DEPORTES

ATLETISMO

ÁLEX  SIERPES E MARCELA  MORGADO, TRIUNFAN NO IV CROS INTERNACIONAL PONTE ROMANA DE LUGO (HOMENAXE A DANIEL AGUILAR) 

UXÍA RODRÍGUEZ SUMOUSE AOS ÉXITOS DOS SEUS COMPAÑEIROS CUNHA PRATA 

Podio da categoría Sub 16 feminina, con Marcela Morgado no máis alto como campioa, e a seu carón, a subcampioa Uxía Rodríguez
                         Podio da categoría Sub 16 masculina, co campión Álex Sierpes no centro da imaxe

Informa (fotografías e redacción): Sociedade Atlética do Trega

 Na mañá do domingo 24 de novembro, celebrouse nos arredores do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, o IV Cros Internacional Ponte Romana, organizada pola RFEA e ANOC (Asociación Nacional de Organizadores de  Croses).

 Este cros, que pertence ao circuíto ANOC e tamén está incluído no calendario oficial da RFEA, conta co patrocinio institucional da Deputación de Lugo. 

 Este ano rendéuselle homenaxe ao atleta lucense Daniel Aguilar.  

 Como nos pareceu pouco, despois de disputar o zonal do sábado en Tomiño e para  pechar esta fin de semana, un grupo do club desprazouse ata Lugo, sendo un total de 10 atletas da base e un master. 

 Deixámosvos o resumo en grao sumo importante: 

 Destacando a vitoria de Marcela Morgado, na categoría Sub 16 feminina, cun tempo de 5´34", e o subcampionato foi para Uxía Rodríguez, parando o crono en 5´39", onde percorreron 1.500 m. e conseguiron ambas as compañeiras un dobrete para o club Sociedade Atlética do Trega. 

 Outra das mellores actuacións deixóunola Álex Sierpes, na categoría  Sub 12 masculino, que cun tempo de 5´27", fíxose con outra importante vitoria en eventos deste calibre, tamén cunha distancia de 1.500 m.

 O resto de resultados dos demais atletas do club do club, foi a seguinte: 

 Na  categoría Sub 14 feminina (1.000 m), Elisa Morgado, acadou a 6ª praza cun crono de 4´28"; Mara Romeu foi 11ª cun tempo de 4´37"; Antía Rodríguez quedou 13ª, cun tempo de 4´38"; e Carla Rocha, quedou 27ª, parando o crono en 5´08". 

 En  Sub 14 infantil masculino, o noso club participou cun único representante, Christian Sierpes, que acadou o posto 9º cun tempo de 7´58", nun circuíto de 2.000 m. 

 E para acabar nas categorías menores, na Sub 12 feminina con 1.000 m, Paula Rocha foi 8ª, cun crono de 4´42". 

 Pechando a xornada matinal, Eduardo García participou como máster, quedou 11º na clasificación xeneral e 6º  master masculino, parando o crono en 14´28", nunha distancia de 4.000 metros. 

 Parabens a a todos! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario