24 de set. de 2019

CHÁNS (CAMPOSANCOS)

O PARQUE FORESTAL DE CHANS ACOLLEU A FESTA DA RECREACIÓN HISTÓRICA DA IDADE DE FERRO EN GALIZA

Participantes na Festa da Recreación Histórica da Idade de Ferro na Galiza, celebrada en Chans (Monte Santa Trega), Camposancos


José Fernando Martínez Martínez / Camposancos
 
 O domingo día 22 de setembro iniciamos un novo camiño para encontrar o noso pasado intentando imaxinar cómo vivían os nosos ancestros na Citania do Trega, e abófé que o neno nace con mui boa saude. 

 Os portugueses da freguesía de Terroso,  en Póvoa de Varzim fixeron a representación da loita dos celtas cos romanos. Tamén escenificaron nunha obra de títeres unha escenificación da vida castrexa.
 
 Cé Orquestra Pantasma en plena actuación



 Para os pequenos Cé Orquestra Pantasma trouxo hora e media de festa mui divertida. Tamén para eles houbo infinidade de xogos xa esquezidos e o pasaron feliz. 

 E a a Câmara Municipal de Póvoa de Varzim temos que agradecerlle a súa colaboración e ata o Vice-Presidente da Câmara Municipal, Dr. Luís Diamantino Carvalho Batista, se sumou a nosa primeira festa.  

 Grazas Póvoa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario