O PARQUE FORESTAL DE CHANS ACOLLEU A FESTA DA RECREACIÓN HISTÓRICA DA IDADE DE FERRO EN GALIZA
Participantes na Festa da Recreación Histórica da Idade de Ferro na Galiza, celebrada en Chans (Monte Santa Trega), Camposancos
José Fernando Martínez Martínez / Camposancos
O domingo día 22 de setembro iniciamos
un novo camiño para encontrar o noso pasado intentando imaxinar cómo
vivían os nosos ancestros na Citania do Trega, e abófé que o neno nace
con mui boa saude.
Os portugueses da freguesía de Terroso, en Póvoa de Varzim
fixeron a representación da loita dos celtas cos romanos. Tamén
escenificaron nunha obra de títeres unha escenificación da vida
castrexa.
Cé Orquestra Pantasma en plena actuación
Para os pequenos Cé Orquestra Pantasma trouxo hora e media de festa mui divertida. Tamén para eles houbo infinidade de xogos xa esquezidos e o pasaron feliz.
E a a Câmara Municipal de Póvoa de Varzim temos que agradecerlle a súa colaboración e ata o Vice-Presidente da Câmara Municipal, Dr. Luís Diamantino Carvalho Batista, se sumou a nosa primeira festa.
Grazas Póvoa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario