27 de set. de 2019

A GUARDA

Últimas prazas para os cursos de informática 

Na Aula CeMIT de A Guarda 



Infogauda / A Guarda

 A Aula CeMIT de A Guarda informa das últimas prazas vacantes na programación de novos cursos de informática de balde para nenos, nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro. As prazas ofertadas para adultos xa están todas cubertas ata fin de ano.  

 As inscricións continúan abertas no Concello ou no Centro Cultural (1º andar), chamando ao 986 611 850 ou no enderezo electrónico:

cemit.aguarda@xunta.gal  

Quedan prazas libres para os seguintes cursos: 

• Informática nenas/os (7-10 anos), os martes de 18:00h a 19:00h 
• Informática nenas/os (10-13 anos), os venres de 17:30h a 19:00h 
• LibreOffice – Impress, os xoves de 17:00h a 18:00h 
• LibreOffice – Calc os xoves de 18:00h a 19:00h 
• Mecanografía e LibreOffice, os martes de 11:00h a 12:00h ou de 16:30h a 17:30h 
• Correo electrónico, os martes de 12:00h a 13:00h 
• Redes sociais para maiores, os venres de 12:00h a 13:00h  

 Todos os cursos son de balde, destacando tamén que a Aula CeMIT de A Guarda dispón de conexión aberta a internet para facer consultas.   

Sobre a Rede CeMIT  

 A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia (Rede CeMIT) da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. 

 O Concello de A Guarda manten a aula CeMIT en funcionamento gracias a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego. Aínda que a aula de informática está integrada na rede CeMIT, o concello non recibe ningunha subvención da Xunta de Galicia. 

 Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario