Fabiola García mantivo esta tarde en San Caetano unha reunión con Antonio Lomba
A Conselleira de Política Social trasládalle ao alcalde da Guarda que a Xunta construirá unha nova escola infantil neste concello
O Goberno galego financiará este equipamento con 410.000 euros
A futura escola infantil integrarase na rede pública autonómica Galiña Azul
A conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez na reunión de hoxe pola tarde en San Caeteno, co alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz
Foto: X.G.
Infogauda / A Guarda
A conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, trasladoulle esta tarde ao alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, que a Xunta de Galicia construirá unha nova escola infantil neste concello, dotada con tres unidades e 41 prazas. Fíxoo durante unha reunión que mantivo con este rexedor en San Caetano.
No transcurso do encontro, Fabiola García explicoulle a Antonio Lomba que a Administración autonómica achegará 410.000 euros para a construción da futura escola, así como o necesario para o equipamento. O Concello sufragará os fondos restantes ata os 690.000 euros que custa erixir a escola infantil, que se integrará na rede pública autonómica Galiña Azul.
Para fixar o cofinanciamento da construción será necesario formalizar un convenio entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o ente local.
Ningún comentario:
Publicar un comentario