OS PARTICIPANTES DO CAMPAMENTO DE VERÁN VISITARON O CONCELLO
Os participantes do campamento de verán coa alcaldesa do Rosal
Foto: C.O.R.
Infogauda / O Rosal
O pasado venres os participantes do campamento de verán visitaron as instalacións do Concello do Rosal e foron acompañados pola alcaldesa, Ánxela Fernández Callís no percorrido.
Visitaron todos os departamentos e profesionais que ante as preguntas dos nenos e nenas lles explicaron as súas tarefas.
Para rematar a visita asistiron ó salón de plenos onde realizaron unha rolda de preguntas á alcaldesa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario