10 de xuño de 2019

DEPORTES

Charly López, do club Spartan Team de Tomiño, proclámase por terceiro ano consecutivo campión galego de Boxeo 

A final disputouse o pasado sábado en Ferrol entre o goianés e Olmo de Paz, do club Planas Box, de A Coruña  


 Na imaxe Charly López acompañado de amigos e axudantes, Isma, Dani, Jose e Santi.

 Infogauda / Deportes

 Charly López, do club Spartan Team de Tomiño, proclamouse por 3º ano consecutivo, Campión Galego de Boxeo da división raiña (elite) na categoría do -69kg., clasificándose desta maneira para o campionato de España que serán en xullo. 

 A final disputouse o pasado sábado en Ferrol, nun combate que foi de menos a máis e que finalmente conseguía gañar o goianés por K.O. no terceiro asalto, ao seu novo pero experimentado rival, Olmo de Paz, do club Planas Box de Coruña.  

 Dende a Concellería de Deportes do Concello de Tomiño, fan chegar parabéns polo esforzo e deportividade. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario