30 de maio de 2019

A GUARDA

A unidade móbil de doazóns de sangue visita A Guarda

Estará instalada na vila o xoves 6, venres 7 e sábado 8 de xuño  


A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visita novamente A Guarda
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o xoves día 6, o venres día 7 e o sábado día 8 de xuño.  

 Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (a carón do Centro Cultural) o xoves 6 e o venres 7 de 16:00 ás 21:00 horas; e o sábado 8 de 10:00 ás 15:00 horas. 

  Grazas ao emprego destas unidades móbiles, o Centro de Transfusión de Galicia intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario