REPRESENTANTES DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DA GUARDA, CON ANTONIO LOMBA BAZ Á CABEZA, REUNIRANSE CO BNG E SEU CANDIDATO Á ALCALDÍA, ANXO LOIS BAZ VICENTE
Para tratar sobre á posibilidade de formar un goberno municipal de progreso
Antonio Lomba Baz, candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía do Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
Na tardiña de onte, a Agrupación Socialista de A Guarda remesou a Redacción deste xornal dixital transfronteirizo unha nota de prensa na que dan a coñecer que o pasado “mércores 29 de maio, o alcalde en funcións, Antonio Lomba, xunto cos membros do seu equipo de goberno, Montserrat Magallanes e Miguel Español, mantiveron unha reunión con representantes do Partido Popular da Guarda encabezada polo seu candidato, Roberto Carrero.
Nesta reunión, que se produciu a instancias do PP, os representantes socialistas trasladáronlle a súa intención de acadar un acordo co BNG para a formación dun goberno de progreso para A Guarda.
Para iso, e a instancia de Antonio Lomba, xa está convocada a primeira reunión entre os representantes da Agrupación Socialista da Guarda, encabezada polo alcalde en funcións; e o BNG, encabezada polo seu candidato a alcaldía Anxo Luis Baz”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario