23 de feb. de 2019

LABORAL

Cruz Roja segue sen aplicarlle o convenio ao persoal do albergue municipal de Vigo 

A pesar da sentenza que a obriga

· Dende 2016 non actualiza os salarios dos 24 traballadores/as 


 Infogauda / Vigo

  A Asemblea Nacional de Cruz Roja Española, entidade que xestiona o Centro Integral de Inclusión e Emerxencias Sociais (CIIES) do Concello de Vigo, négase - segundo denuncia a CIG - a aplicar o convenio colectivo que rexe no sector a pesar da sentenza xudicial que a obriga. A ONG ainda non actualizou os salarios do cadro de persoal, integrado por 24 persoas, conforme ao establecido no convenio de Acción e Intervención Social.  

 As mesma central sindical, afirma que esta problemática remóntase a finais do ano 2016, cando a ONG faise coa xestión do albergue municipal vigués pero non subroga os traballadores/as nas mesmas condicións que tiñan coa empresa anterior. A delegada de persoal, da CIG, intenta sen éxito dialogar coa dirección para que aplique o convenio correspondente, o estatal de Acción e Intervención Social.  

 En xaneiro do ano seguinte os traballadores/as deciden presentar unha demanda de conflito colectivo contra a entidade, e de xeito paralelo denuncian a súa situación diante da Inspección de Traballo, que ameaza a Cruz Roja con sancións. O Xulgado atende as súas reivindicacións e nunha sentenza feita pública o 19 e outubro establece que o convenio de aplicación é o anteriormente citado.  

 Pero a día de hoxe a ONG continúa sen aplicar o convenio e sen actualizar os salarios. O persoal non cobrou dende 2016 conforme ao que fixa o convenio, o que, segundo denuncian, supón un importante prexuízo económico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario