11 de xan. de 2019

A GUARDA

FORMACIÓN

“Coas Mans na Masa”

Inscricións abertas na Guarda, para o Curso de Conservas 

Infogauda / A Guarda

 A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, dentro do traballo de animación, formación e posta en valor do noso territorio, pon en marcha o itinerario formativo ‘Coas mans na masa’ que trae á Guarda os días 4, 5 e 6 de febrero de 2019 un curso de elaboración artesanal de conservas que se realizará na Escola Unitaria de San Lorenzo (Sete Camiños) en horario de tarde de 16:30 a 20:30 horas. 

 Trátase dun curso no que se tratará de facer chegar ás persoas participantes coñecementos sobre a elaboración artesanal de conservas con produtos da nosa contorna. 

 As persoas participantes aprenderán a realizar diferentes métodos de conservación de produtos agrarios de tempada, así como técnicas de hixiene, seguridade e saúde na elaboración destas conservas. 

 As inscricións están xa abertas de xeito gratuito a través dun formulario en liña na web de Eu Rural. As prazas son limitadas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario