PREVISIÓN PARA O XOVES 20 DE DECEMBRO DE 2018
NA DELEGACIÓN DA XUNTA DE GALICIA EN MADRID/CASA DE GALICIA
Xoves, 20
19:30 horas
Presentación do CD "En medio del camino", do Dúo Rivera formado por Mª Luz Rivera (piano) e Raquel Rivera (violín), con pezas de Manuel de Falla, Joaquín Turina, Marcial del Adalid e Federico Mompou. A gravación da obra xurdiu como necesidade de documentar máis de quince anos de andaina profesional, e supón unha mirada a unha carreira camerística fundamentada no estudo, a reflexión e, sobre todo, unha escoita cómplice e comprometida.
Intervirán, ademais de Mª Luz e Raquel Rivera, o escritor, Ernesto Pérez Zúñiga, a musicóloga e filósofa, Marina Hervás, e a xestora cultural, Juana Escudero.
No acto, que será realizado en colaboración coa Deputación de Ourense, o Dúo Rivera interpretará algunhas pezas do disco presentado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario