16 de out. de 2018

O ROSAL

O BNG DO ROSAL RECLAMA UN ESPAZO DE ESTUDO PARA ADULTOS

Ánxela Fernández Callís, portavoz do BNG no Concello do Rosal: "En horario matutino non existe ningún espazo habilitado con este fin no noso Concello (...)" 


Ánxela Fernández Callís, portavoz municipal do BNG do Rosal

Infogauda / O Rosal

 No pasado Pleno do mes de setembro "aprobouse por unanimidade unha proposta do BNG no Rosal pola que se acordou habilitar un espazo de estudo municipal co fin de que os adultos e estudantes, en xeral, poidan estudar ou ler nunha franxa horaria ampla, nas condicións de silencio e tranquilidade precisas para unha correcta concentración"

 "En horario matutino non existeafirma Ánxela Fernández Callís, portavoz do BNG do Rosal - ningún espazo habilitado con este fin no noso Concello e polas tardes atópase aberta a Biblioteca Municipal, mais esta non conta, como acontece noutros casos, cunha separación real entre a zona de cativos e maiores. Isto fai que sexa inviable, na meirande parte dos casos, obter o nivel de silencio preciso para unha correcta concentración"

 "Pola contra, o Concello conta con espazos que se poderían habilitar perfectamente co fin exposto e cubrir unha franxa horaria ampla", propón Ánxela Fernández.

Ningún comentario:

Publicar un comentario