O Concello dota de internet de alta velocidade ao pavillón da Sangriña
· En base a unha solicitude feita polo clube Mecalia Atlético Guardés
· O Concello da Guarda investirá un total de 5.808,00€, que permitirán o emprego da tecnoloxía de TV automática, baseada en sistemas de intelixencia artificial
Panorámica do pavillón A Sangriña
Foto: C. A. G.
Infogauda / A Guarda
O executivo municipal do Concello da Guarda fixo público no día de onte que ven “de contratar as obras para a dotación dunha liña de internet de alta velocidade para o Pavillón Municipal, unha conexión que permitirá retransmitir en streaming os partidos que se disputen neste espazo, unha solicitude feita polo Clube Mecalia Atlético Guardés, ante as esixencias realizadas dende a Federación Española de Balonmán para os equipos que participan nas categorías superiores, coma é o caso do conxunto local”.
Segundo indicaron fontes municipais a este xornal dixital “o Concello da Guarda disporá no Pavillón Municipal de accesos a internet de ata 200Mb de velocidade de baixada e 20Mb de velocidade de subida, empregando a rede de fibra óptica de R, un servizo que permitirán cubrir as necesidades técnicas de conectividade neste espazo.
As velocidades de conexión da nova líña de internet multiplicarán por 10 as velocidades actuais de baixada e en 25 as de subida, cunha disponibilidade que permitirá garantir un servizo de calidade”.
UN INVESTIMENTO DE PRETO DE 6.000,00 EUROS
Segundo informou o executivo municipal “o Concello da Guarda investirá un total de 5.808,00€, que permitirán o emprego da tecnoloxía TIIVII, unha plataforma que permitirá gravar e emitir en directo os eventos deportivos do pavillón sen necesidade de intervención humana, con seguimento automático de xogadores e cambios de planos, xerando un arquivo e canal de vídeo de alta calidade Full HD, con marcadores, locución e multitude de opcións”.
O vindeiro encontro da Liga de Balonmán DHF entre o Mecalia Atlético Guardés e o Rincón Fertilidad Málaga, que se disputará o mércores día 10 de outubro, ás 21:00 h., no pavillón a Sangriña, xa será transmitido con esa tecnoloxía.
O vindeiro encontro da Liga de Balonmán DHF entre o Mecalia Atlético Guardés e o Rincón Fertilidad Málaga, que se disputará o mércores día 10 de outubro, ás 21:00 h., no pavillón a Sangriña, xa será transmitido con esa tecnoloxía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario