15 de out. de 2018

A GUARDA

Cinema infantil coa proxección de «La Bella y La Bestia» 

· O sábado día 20 de outubro ás 17:30 horas, no salón de actos do Centro Cultural da Guarda

Infogauda / A Guarda

 O vindeiro sábado día 20 de outubro ás 17:30h o salón de actos do Centro Cultural da Guarda acolle unha nova sesión de Cinema Infantil coa proxección da película «La Bella y La Bestia».  

 Non é preciso retirar tickets con antelación e a entrada é de balde.  

 O Ciclo de «Cinema de Outono» continuará o vindeiro venres día 2 de novembro coa proxección de «Animales fantásticos», ás 21:00h no Centro Cultural.  

 Dende a Concellería de Cultura convídase a todos os que desexen asistir, a que participen nestas proxeccións de cinema.

Ningún comentario:

Publicar un comentario