Curso gratuíto de Soldadura con electrodo revestido e TIG
Infogauda / A Guarda
No día de hoxe, o executivo municipal do Concello de A Guarda deu conta da seguinte nova:
A mediados de outubro iniciarase un Curso de Soldadura con electrodo revestido e TIG de carácter gratuíto e con prácticas en empresas, exclusivamente adicado a persoas desempregadas e co que se acada un certificado de profesionalidade.
Para poder optar a esta formación é preciso estar apuntado como demandante de emprego na oficina de emprego de Tui e contar coa titulación de ESO.
Esta formación, con dous cursos dispoñibles, conta cun total de 758 horas, repartidas nun total de 7 meses e que se impartirá en horario de mañá de 9:00h a 13:00h, para un dos cursos e de 15:0h a 20:30h para o outro curso.
Máis información no teléfono: 986 623 110 (Cerrajería Gándara - Tomiño).
Ningún comentario:
Publicar un comentario