Novos cursos gratuítos de informática
· Este outono, na Aula Cemit da Guarda
Infogauda / A Guarda
O executivo municipal do Concello de A Guarda informa que a Aula CeMIT da Guarda organiza novos cursos de informática para todas as idades este outono, e ademais de xeito gratuíto.
As inscricións están abertas, sen límite de prazo, no Concello e no Centro Cultural (1º andar), o inicio dos cursos será o vindeiro día 1 de outubro.
Durante os meses de outubro e novembro realizaranse diferentes cursos básicos para coñecer o manexo do ordenador, internet, navegador e correo electrónico, editor de texto Writer, telefónos intelixentes e cursos para rapaces sobre edición de textos para traballos escolares.
Cursos de Outubro e Novembro
- Manexo dun ordenador: Curso básico para
persoas que non teñen experiencia en informática.
- Internet, navegador e correo electrónico: Curso básico
para os primeiros pasos navegando en internet, traballar co correo electrónico e levar a
cabo xestións en liña (compras, DNI-e, rexistros, etc).
- Editor de texto Writer: Crear e editar
documentos.
- Teléfonos intelixentes: Manexo e utilidades.
- Curso para
rapaces/as: Curso de edición de textos para elaborar traballos.
HORARIOS OUTONO 2018
Horario para os meses de Outubro e
Novembro
Manexo do ordenador
|
Luns e Venres
|
16:30 – 18:00
|
Internet
|
Martes
|
16:30 – 18:00
|
Writer
|
Sábados
|
10:30 – 12:00
|
Smartphone
|
30/10 - 27/11
|
16:30 – 18:00
|
Nen@s
|
Xoves
|
16:30 – 18:00
|
Sobre a Rede CeMIT
A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. O concello da Guarda manten a aula CEMIT en funcionamento gracias a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego. Aínda que a aula de informática está integrada na rede CEMIT, o concello non recibe ningunha subvención da Xunta de Galicia.
Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario