Costa dos Castros comeza o
25 de xullo as visitas guiadas gratuítas de verán en Oia
Ás tradicionais visitas da Cabeciña, Auga dos Cebros e O Arrabal súmase
este ano o bosque das Sobreiras do Faro
O investigador Manuel Ángel Pombal Diego, da Universidade de Vigo, xunto o petróglifo de Auga dos Cebros
Foto: Costa dos Castros
Patricia Muñoz / Oia
A Asociación
Costa dos Castros programa do 25 de
xullo ao 16 de setembro unha serie de visitas
guiadas gratuítas co obxectivo de dar a coñecer os principais atractivos do
patrimonio cultural e natural de Oia e, ao mesmo tempo, dinamizar o turismo na
zona.
As visitas
desenvolveranse de mércores a domingo
e permitirán coñecer diversos enclaves arqueolóxicos, de valor histórico e
natural do municipio de Oia. Os mércores ás 12.30 horas haberá itinerarios
guiados no castro e petróglifos da
Cabeciña, mentres que os sábados e domingos a ruta será a esa mesma hora
polo barrio do Arrabal, na contorna
do Mosteiro de Oia. Como novidade deste ano, os xoves ás 19.00 horas faranse
visitas ás Sobreiras do Faro, o bosque mediterráneo máis occidental de Europa
que, ademais, forma parte do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.
Como
complemento a estas actividades diúrnas, os venres e sábados haberá visitas guiadas nocturnas: os venres
serán aos petróglifos da Cabeciña,
mentres que os sábados a proposta consistirá en descubrir os gravados de Auga dos Cebros á luz das lanternas. Estas
dúas actividades desenvolveranse ás 22.30 horas e teñen prazas limitadas, polo
que é preciso inscribirse previamente no número de teléfono 689.35.57.13 ou no
correo electrónico costadoscastros@gmail.com.
Ningún comentario:
Publicar un comentario