17 de abr. de 2018

LABORAL

O persoal de Povisa continúa coas protestas para forzar a dirección a negociar un novo convenio 

Representantes sindicais e traballadores/as desenvolveron unha concentración diante do hospital vigués

Representantes sindicais e traballadores/as do hospital vigués desenvolveron hoxe unha nova concentración ás portas do centro sanitario privado.
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 O cadro de persoal de Povisa continúa coa súa campaña de mobilizacións para reclamar a negociación do convenio colectivo, que leva paralizado dende 2010. Representantes sindicais e traballadores/as do hospital vigués desenvolveron hoxe unha nova concentración ás portas do centro sanitario privado. Este xoves trasladarán as protestas até a delegación da Xunta na cidade de 11:00 a 12:00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario