6 de abr. de 2018

GOIÁN

A ARTISTA GEMMA MARQUÉS ESTÁ A PIQUES DE REMATAR O MURAL SOBRE A MULLER – “ANÓNIMAS”- NO CAMPO DE FÚTBOL DE GOIÁN 

SEGUNDO A AUTORA, A EXPERIENCIA ESTÁ RESULTANDO MOI INTERESANTE, A PESAR DO ESFORZO FÍSICO QUE SUPÓN E AS CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS ADVERSAS

Gemma Marqués Redondo diante do mural sobre a muller
Fotos: C. T.

Infogauda / Goián

 A artista Gemma Marqués Redondo está a piques de rematar o mural sobre a muller – “Anónimas”- no campo de fútbol do Regatiño, en Goián. Estes días conta coa axuda de Miriam Alonso, unha moza da Guarda, que está a estudar Artes na escola Superior Galaecia de Vilanova de Cerveira. 


 “A verdade é que está sendo unha experiencia moi interesante. Falo coa xente, pinto ao aire libre, invento a técnica e aprendo, ainda que está sendo duro fisicamente, polo esforzo que supón e a climatoloxía,ver cómo vai avanzando e cheando de cor o muro é enriquecedor”, comentou a pintora burgalesa afincada na vila de A Guarda. 

 Varios medios de comunicación social - entre eles Infogauda -  fixéronse eco da súa obra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario