18 de abr. de 2018

A GUARDA

APÁLPATE! 

A importancia da autoexploración no cancro de mama

Venres día 20 de abril, ás 20:00 h, no Centro Cultural de A Guarda, charla informativa con Pilar Rey



Mulleres Progresistas / A Guarda

 O próximo venres día 20 de abril, ás 20:00 h, no Centro Cultural de A Guarda, as Mulleres Progresistas en colaboración con ADICAM ofrecerán unha charla sobre a gran importancia da detección precoz  do cancro de mama.

 O Programa chamado APÁLPATE!, persegue a detección precoz de este tipo de tumor dende a autoexploración. Esta charla será impartida por Pilar Rey, enfermeira xubilada que tras superar un cancro de mama colabora como voluntaria en ADICAM. Con ela mantivemos á seguinte entrevista:

Cando empezaches a colaborar na loita contra o cancro de mama e porqué con ADICAM?  

 - Comecei fai pouco máis dun ano con ADICAM porque eu tamén padecín cancro de mama, e decidin loitar contra él. Ademáis profesionalmente, como enfermeira tamén tes esa inquedanza por transmitir información sanitaria e si podes coa tua experiencia , axudar a os demais. Cando lles planteei a idea de dar charlas para informar as mulleres sobre a autoexploración  tiven moi boa acollida e se puxeron a miña disposición. Foi cando formamos o proxecto de APÁLPATE, con xente increible,que o dan todo e conseguimos sacalo adiante.  

 Que persegue ADICAM con estas charlas?  

 - O obxectivo que se persegue é informar e concienciar as mulleres e homes, xa que pode afectar a ambos, da importancia que ten descubrilo a tempo,resaltando os beneficios da autoexploración. Coa autoexploración pretendese que a muller coñeza as suas mamas e que ante calquer cambio, acuda de inmediato a o medico,quen fará o diagnóstico. Non todos os cambios que poida encontrar teñen que significar cancro, a mama ten tamen outras enfermidades.  

 Tentamos chegar a maior cantidade posible de xente, parécennos interesante levar este tipo de charlas as vilas máis pequenas, onde as veces non hai tanta información, que nas grandes cidades si que é máis doado acceder. Cada vez o cancro de mama nos afecta a mais mulleres e a idades máis temperás, queremos chegar a tódalas idades xa que as veces, se pasa desapercibido, pode ser tarde. Dende ADICAM tentamos fomentar esa autoexploración que pode ser crucial.  

 É doado para unha muller realizar a autoexploración?  

 Si, na charla explicaremos o doado que é. Como dicía é o principal obxectivo da charla, facer que vexan e aprendan a poder descubrir anomalías a tempo por si mesmas. Mediante a charla e as imaxes que usamos conseguiran a información que precisan para realizar correctamente a autoexploración.  

Que acollida están tendo ata o de agora estas charlas?  

 - A verdade é que estamos conseguindo chegar cada vez a máis xente, mulleres e homes. Os rangos de idade no que a incidencia e máis normal, entre os 50 e 70 anos, pero estamos observando cada vez máis a asistencia de mulleres máis novas, algo que nos alegra moito, xa que empezan a ser conscientes da importancia da diagnose precoz e que o cancro non entende de idades, pois estamos observando que aumenta a incidencia a idades máis temperás. Pouco a pouco, gracias a ADICAM e as asociacións que nos axudan a darlle visibilidade na provincia e paliar o déficit de información que antes mencionaba, nas vilas pequenas, 

 Moitas grazas polo teu tempo Pilar, vémonos o venres, ás 20:00 h, no Centro Cultural de A Guarda con APÁLPATE, proxecto desenrolado por ADICAM para informar e fomentar a autoexploración como método de detección precoz de cancro de mama.

Ningún comentario:

Publicar un comentario