9 de mar. de 2018

GOIÁN

CONCERTO DE JAY DOE

Este sábado 10 de marzo, ás 23:30 h. no Centro Goianés



Cantina Centro Goianés / Goián

 Despois do fabuloso concerto deste pasado fin de semana, seguimos este sábado con Javier Casal, cantante e guitarrista do mítico grupo dos 90 Dr. Hello. 

 Dende 2015 Javier deixou escapar o seu “alter ego” máis bluseiro co nome de Jay Doe. 

 Versións de Robert Johnson, Jimmy Red, Brownie McGhee, Muddy Waters, Big Bill Broonzy, Elmor James, combinándoas con temas máis populares de Clapton ou dos Stones. 

 Se che gusta o Blues, non te perdas este concerto!

Ningún comentario:

Publicar un comentario