9 de mar. de 2018

A GUARDA

Ante a predición de choiva 

O concerto de Femininoplural trasladarase á Casa dos Alonso 



Sara Alonso / A Guarda

 O concerto de Femininoplural programado para este sábado 10 de marzo, na praciña de San Marcos, trasladará previsiblemente o seu lugar de celebración á Casa dos Alonso por mor da predición de choiva.  

Silvia Penide (voz) e Carla López (voz e teclado)

 O dúo, formado por Silvia Penide (voz) e Carla López (voz e teclado) ofrecerá entón un concerto no que mesturarán a música, a poesía e os relatos «contados e cantados» nun percorrido musical co que as artistas dan visibilidade ao traballo de autoras como Clara Schuman, Violeta Parra, Guadi Galego ou Consuelo Velázquez, poñendo así en valor a relevancia das mulleres creadoras na Cultura, «moitas veces relegadas a un segundo plano». A actuación comezará ás 12:30 horas e será de acceso gratuíto.  

 Esta actividade cultural, subvencionada pola Deputación de Pontevedra, enmárcase na programación impulsada polo Centro de Información ás Mulleres (CIM) da Guarda, co gaio da conmemoración do Día Internacional das Mulleres. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario