7 de feb. de 2018

LECER

O CLUB ANDATUI ORGANIZA A RUTA MAQUINO LARGAÑO

Será o próximo 3 de marzo pola Ribeira Sacra, máis concretamente o concello ourensán de Nogueira de Ramuín (Luintra)

Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil

Club Andatui / Tui

 Desde o club Andatui comunicamos que o próximo 3 de marzo comezamos as andainas deste ano 2018, nesta primeira saída viaxamos ata a Ribeira Sacra, máis concretamente o concello ourensán de Nogueira de Ramuín (Luintra).  

 A ruta a percorrer será a de Maquino Largaño (PR - G 178), ruta circular de 14,8 quilómetros dunha beleza extraordinaria e que pasa por dous lugares dun alto interés turístico/cultural, onde aproveitaremos para facer unha visita o fermosísimo mosteiro de santo Estevo de Ribas de Sil e a necrópole da Moura, conxunto megalítico que consta de sete mámoas funerarias.   

 Toda a información, tanto para facer a ruta como para inscribirse atópase na web, sendo o martes 27 de febreiro o último día para inscribirse.

Ningún comentario:

Publicar un comentario