O CLUB ANDATUI ORGANIZA A RUTA MAQUINO LARGAÑO
Será o próximo 3 de marzo pola Ribeira Sacra, máis concretamente o concello ourensán de Nogueira de Ramuín (Luintra)
Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil
Club Andatui / Tui
Desde o club Andatui comunicamos que o próximo 3 de marzo comezamos as andainas deste ano 2018, nesta primeira saída viaxamos ata a Ribeira Sacra, máis concretamente o concello ourensán de Nogueira de Ramuín (Luintra).
A ruta a percorrer será a de Maquino Largaño (PR - G 178), ruta circular de 14,8 quilómetros dunha beleza extraordinaria e que pasa por dous lugares dun alto interés turístico/cultural, onde aproveitaremos para facer unha visita o fermosísimo mosteiro de santo Estevo de Ribas de Sil e a necrópole da Moura, conxunto megalítico que consta de sete mámoas funerarias.
Toda a información, tanto para facer a ruta como para inscribirse atópase na web, sendo o martes 27 de febreiro o último día para inscribirse.
Ningún comentario:
Publicar un comentario