8 de feb. de 2018

GONDOMAR

Ana Pontón no 1º faladoiro do ciclo do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros"

A xornada desenvolverase o venres día 16 de febreiro ás 20:30 h.,na Aula de Cultura Ponte de Rosas 


IEM / Gondomar

 O Instituto de Estudos Miñoráns convídaos a asistir o venres día 16 de febreiro ás 20:30 h. ao primeiro faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros" no que intervirá a voceira do grupo parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón. 
    
Ana Pontón, voceira do grupo parlamentario do Bloque Nacionalista Galego


 O acto será presentado por Xulián Maure Rivas (Director do IEM) e moderará a xornada David Reinero (Xornalista).   

 O contido da xornada tratará sobre a situación de Galicia 2017-2020 respecto de problemáticas do territorio: Lei de Montes e Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais”.   

 A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira nº 10 baixo (Gondomar).

Ningún comentario:

Publicar un comentario