7 de feb. de 2018

DEPORTES

REMOERGÓMETRO


O CLUB DEPORTIVO SAN XERÓNIMO EMILIANI CAMPIÓN DE ESPAÑA DE REMOERGÓMETRO 

os remeiros de San Xerome-Robaleira puideron participar no seu segundo Campionato de España de Remoergómetro organizado pola Federación Española de Remo (FER)
Fotos: C. D. S. Xerome

Infogauda / Deportes

 A pasada fin de semana foi intenso no que se refire a competicións para o Club Deportivo San Xerome. Aparte de participar no Campionato de España de Remoergómetro en Ribadavia, estiveron presentes en Extremadura na cita máis importante do ano en canto a tempada atlética de inverno para personas con discapacidade.   

 Nesta ocasión o venres 26 de xaneiro, o equipo de atletismo San Xerome desprazouse ata a localidade de Zafra onde nun espectacular circuíto disputouse un campionato cheo de emocións. A pesar do frío, o tempo acompañou durante toda a fin de semana e foi perfecto de cara a organización, deportistas e público que gozaron dunha xornada agradable para a práctica deportiva. 

Celebrando o 3º posto na clasificación por equipos masculino formado por Borja Cadilla Lomba, Luis Antonio Sández García e Javier Portela Vieira.  


 Notouse unha excelente organización e medios loxísticos, sanitarios e técnicos, nos comenta Patricia Blanco responsable do Club deportivo San Xerónimo Emiliani de A Guarda. Destaca o 2º posto en Habilidades deportivas Femenino obtido por  Nuria Pereira Méndez e o 3º posto na clasificación por equipos masculino formado por Borja Cadilla Lomba, Luis Antonio Sández García e Javier Portela Vieira.  

O equipo de atletismo San Xerome desprazouse ata a localidade de Zafra 


 Por outra banda, tamén houbo boas noticias para o Club no Campeonato de España de Remoergómetro, disputado en Ribadavia. Na mañá do sábado 27, os remeiros de San Xerome-Robaleira puideron participar no seu segundo Campionato de España de Remoergómetro organizado pola Federación Española de Remo (FER), este campionato ten un valor especial  xa que hai anos que se intenta a inclusión de deportistas con discapacidade intelectual ,o custo foron catro anos de espera para que se puidese facer efectivo e visible de cara a sociedade. 

 Obtivéronse grandes resultados, conseguindo os títulos de Campións de España en categorías Feminina e Masculina por parte de María Fernanda García Orduna e Jaime Álvarez Pereira e o segundo posto na categoría femenina por Lucía Baz.  

 Parabéns a tódolos deportistas participantes en ambas competicións e agradecementos a os técnicos, voluntarios e adestradores implicados.  

 "Nos vemos no próximo Campeonato de Galicia de Campo a Través o 28 de febreiro en Pontevedra”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario