3 de xan. de 2018

A GUARDA

VII Torneo de Nadal 3x3 de Baloncesto Vila da Guarda 

Celebrarase o domingo 7 de decembro 2017 no pavillón do IES A Sangriña


Infogauda / A Guarda

 O domingo 7 de decembro, dende ás 10:00 da mañá no Pavillón do IES A Sangriña, o Concello da Guarda e o Baixo Miño Basket BMB, coa colaboración de diferentes patrocinadores, volve dar espazo na súa programación de Nadal ó Torneo 3x3 de Baloncesto “Vila da Guarda”.   

 O torneo comezará ás 10 da mañá, estando programado o primeiro partido ás 10:15.  

 Segundo indican desde o Concello de A Guarda, os participantes de todos os equipos deben estar no Pavillón da Sangriña a partir das 9:45 para a presentación do torneo.  

 INSCRICIÓNS DOS EQUIPOS: O torneo ten un límite de 10 equipos, formados por un mínimo de 3 e máximo de 5 persoas. Os equipos poderán ser indistintamente masculinos, femininos ou mixtos. Xogarase en 2 grupos de 5 equipos.   

 Custo da inscrición: Gratuito.  

Inscrición:   Ata as 14:30 do 4 de xaneiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario