Abre o prazo para solicitar a axuda económica para persoas con fillos/as menores de 3 anos
Infogauda / A Guarda
O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa de que a partir do 1 de febreiro abrirase o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único de entre 360 e 2.400 euros para familias con fillas ou fillos menores de 3 anos.
Poderanse beneficiar desta axuda as persoas con cativos nacidos entre o 2 de xaneiro de 2015 e o 1 de xaneiro de 2018 (ambos incluídos), que non tivesen obriga de presentar a declaración do IRPF do ano 2016 nin se tivese presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados.
O prazo para a presentación das solicitudes rematará o 21 marzo. Para máis información sobre os requisitos e o procedemento para a tramitación, as persoas interesadas poden dirixirse ó departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda, no teléfono 986 61 45 07 ou ben presencialmente. O horario de atención ao público é de 9:00 a 13:00 horas os luns, mércores e xoves.
Máis información na páxina web da Xunta de Galicia e no Diario Oficial de Galicia nº 22, do 31 de xaneiro de 2018.
Ningún comentario:
Publicar un comentario