22 de dec. de 2017

A GUARDA

Presentación dos estudos de trazado do Proxecto de construción do novo Acceso ao Porto da Guarda    

Infogauda / A Guarda

 Dende o executivo municipal do Concello da Guarda informan que o próximo 26 de decembro ás 11 da mañá na Casa dos Alonso, faráse a presentación do estudo do trazado do novo Acceso ao Porto da Guarda. 

 Para dar a coñecer este proxecto asistirán: Francisco Javier Zubía Fernández, redactor do documento; David Regades Fernández, deputado provincial de Cooperación; Uxío Benítez Fernández, deputado provincial de Mobilidade e Antonio Lomba Baz, alcalde da Guarda.

Sinatura do convenio e presentación do proxecto da rúa Concepción Arenal   

 Asemade, dende o executivo do concello da Guarda informan que o próximo 3 de xaneiro ás 10:30 da mañá na Casa dos Alonso, procederase a sinatura do convenio e a presentación do proxecto de execución da rúa Concepción Arenal. 

 Este acto contará coa presencia de Carmela Silva, presidenta da Deputación; Uxío Benítez, deputado provincial de Mobilidade e Antonio Lomba, alcalde da Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario