5 de out. de 2017

TOMIÑO

TOMIÑO COMEZOU A SEMANA ADICADA A ALONSO RÍOS COA INAUGURACIÓN DUNHA EXPOSICIÓN 

A EXPOSICIÓN RECOLLE A HISTORIA E PERCORRIDO VITAL DO PERSOEIRO ANTÓN ALONSO RÍOS E A SÚA APORTACIÓN NO ÁMBITO DA EDUCACIÓN E DA POLÍTICA

O acto contou coa presenza da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o neto de Antón Alonso Ríos, Diego Clemenz; do Inspector de Educación de Pontevedra, e da comunidade educativa do instituto
Foto: C. T.

Infogauda / Tomiño

 O IES Antón Alonso Ríos acolle a exposición, onde se pode visitar unha recreación dun aula co mobiliario e instrumental da época.  

 O pasado martes tivo lugar no IES Antón Alonso Ríos o comezo das actividades da semana que o Concello adica ao seu mestre máis destacado, e que dende o pasado mes de novembro da nome ao instituto.  

 O pistoletazo de saída desta semana chea de actividades en torno á figura deste mestre e político tan fundamental na historia de Tomiño concretábase coa inauguración dunha exposición que recolle pormenorizadamente a historia e percorrido deste persoeiro, con especial fincapé na súa aportación ao mundo da educación e no seu compromiso político co movemento agrarista.  

 O acto contou coa presenza da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o neto de Antón Alonso Ríos, Diego Clemenz; do Inspector de Educación de Pontevedra, e da comunidade educativa do instituto.  

 A exposición pòdese visitar nas instalacións do IES Antón Alonso Ríos, e cabe destacar a recreación dun aula co mobiliario e instrumental que se utilizaba nas escolas nos anos nos que Antón Alonso Ríos exerceu como mestre. 

 A semana continúa cunha variada oferta de relatorios, charlas mesa redonda, etc. que permitirá ás persoas participantes achegarse á figura do persoeiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario