2 de out. de 2017

SEGURIDADE VIAL

O DEPUTADO UXÍO BENÍTEZ PRESENTA EN SEVILLA O PLAN MÓVESE ANTE REPRESENTANTES IBEROAMERICANOS 

O delegado de Mobilidade participa xa nas sesións de traballo do encontro sobre seguranza viaria titulado ‘Liderazgo y buenas prácticas para la seguridad de todos’ 


O delegado das infraestruturas viarias provinciais, Uxío Benítez está xa participando sesións de traballo do encontro xunto co asesor provincial Jesús Fole
Fotos: D. P.


Infogauda / Sevilla

 O deputado de Mobilidade Uxío Benítez Fernández presentará este martes día 3 de outubro, en Sevilla o Plan de Mobilidade e Velocidade Segura (MÓVESE) ante os representantes iberoamericanos presentes no II Congreso Iberoamericano de Seguridad Vial INTER CISEV coorganizado pola Dirección Xeral de Tráfico e o Instituto Iberoamericano de Seguranza Viaria. O delegado das infraestruturas viarias provinciais está xa participando sesións de traballo do encontro xunto co asesor provincial Jesús Fole.   

 Na mañá de hoxe foi a quenda director xeral de Tráfico Gregorio Serrano López, coa ponencia inaugural, para despois comezar coa primeira sesión de traballo sobre ‘Agencia líder de seguridad vial’, na que estiveron presentes importantes cargos de administracións e axencias de mobilidade iberoamericanas: Teófilo de Luis Rodríguez, presidente da Comisión de Seguridad Vial y Movilidad Sostenible do Congreso de los Diputados; Carlos Pérez, director executivo da Agencia Nacional de Seguridad Vial de Argentina; Cindy Coto Calvo, directora executiva do Consejo de Seguridad Vial de Costa Rica; Sonia Díaz de Corcuera Ruiz de Oña, directora de Tráfico do Goberno Vasco; Eriverto Wilfredo Rey, director de Transporte do Gobierno Autónomo Departamental de Santa Cruz (Bolivia); Alejandro Draper, director da Unidad Nacional de Seguridad Vial de Uruguay; e Sandra Milena Tapias Mena, directora nacional Simit da Federación Colombiana de Municipios. 


 Na segunda xornada de traballo (na tarde deste luns día 2 de outubro), baixo o título de ‘Compromiso pola seguridade viaria’, participaron o presidente del Instituto Vial Iberoamericano (IVIA), a xefa provincial de Tráfico de Sevilla, a directora adxunta do Instituto de Nación Unidas para a Formación e a Investigación, a subdirectora xeral de Penas y Medidas Alternativas da Secretaría General de Instituciones Penitenciarias del Gobierno, un representantes do Instituto Universitario de Investigación de Tráfico y Seguridad Vial da Universidade de Valencia, a xefa de área de relacións nternacionais da DXT e o xefe de relacións institucionais e de prevención da Policía Municipal de Madrid.  

Jeanne Picard Mahaut, presidenta da Federación Iberoamericana de Vítimas contra la Violencia Vial (FICVI) e representante de Stop Accidentes conversando co deputado de Mobilidade, Uxío Benítez Fernández

 Este martes será a quenda da sesión de traballo sobre ‘Plans estratéxicos de seguranza viaria. Políticas para usuarios vulnerables’ e da ‘Educación, concienciación e formación viaria’. O Plan de Mobilidade e Velocidade Segura (MÓVESE) que está a implantar a Deputación de Pontevedra na provincia, será presentado polo deputado Benítez durante a tarde como unha “experiencia de interese no ámbito da xestión de entidades públicas” que ten como obxectivo o calmado do tráfico e a redución da violencia viaria mediante elementos físicos de redución de velocidade. O nacionalista exporá que o goberno provincial ten a seguranza viaria como “obxectivo estratéxico” e está a executar un orzamento de preto de catro millóns de euros para instalar arredor de 600 elementos redutores de velocidade nas vías de titularidade provincial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario