3 de out. de 2017

O ROSAL

CHARLA INFORMATIVA SOBRE A FACTURA DA LUZ  


Infogauda / O Rosal

 O vindeiro venres día 6 de outubro ás 17.00 h., no Centro Social Polivalente de O Rosal, terá lugar unha charla informativa para comprender mellor e saber interpretar a factura da luz e do gas. A charla será impartida por persoal da Escuela de Energía de Gas Natural Fenosa. 

 É importante traer ese día a factura da casa para poder mirar con detemento os diferentes factores que forman o documento. 

 Falarán tamén das opcións para pequenos cambios nas vivendas co fin de obter un aforro enerxético, e no caso da luz, poder reducir a potencia contratada. 

 Ofrecerán pautas de comportamento que proporcionen a posibilidade de aforrar no consumo no fogar, e informarán sobre o Bono Social e outras axudas: como poder solicitalas, onde dirixirse, etc.

Ningún comentario:

Publicar un comentario