4 de out. de 2017

AGRO

A Xunta de Galicia acompaña ás empresas viveiristas galegas a Iberflora na busca de novos clientes 

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias estivo presente na inauguración do evento e invitou a responsables doutras comunidades autónomas a coñecer os stands de Galicia

O 48% da facturación deste sector na nosa comunidade é por ventas no exterior

Belén do Campo, directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias acudeu a Iberflora en representación da Consellería do Medio Rural

Infogauda / Valencia

 Galicia está un ano máis na Feria Internacional de Planta y Flor, Paisajismo, Tecnología y Bricojardín, Iberflora que se celebra en Valencia dende hoxe e ata o venres. Trátase do certame referente do sector verde e líder de España en planta ornamental no que a comunidade está representada por ata dez empresas e que están acompañadas pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, en representación da Consellería do Medio Rural.
 En concreto, Do Campo estivo presente na inauguración desta mañá e ademais invitou aos representantes doutros territorios a que coñecesen os stands galegos. Así o fixo, por exemplo, coa conselleira de Agricultura, Medio Ambiente, Cambio Climático e Desenvolvemento Rural, Elena Cebrián. No que se refire ao apoio económico, a Consellería do Medio Rural colabora con máis de 84.000 euros na participación desta feira.
 O sector viveirista galego caracterízase por ter un importante carácter exportador, de feito, o 48% da facturación é por ventas no exterior. Os viveiros e comerciais aportan preto de 500 postos de emprego e chegan a unha facturación aproximada de 15,5 millóns de euros ao ano.
 Non é a primeira edición que Galicia participa neste evento. De feito, no 2016 unha decena de empresas trasladáronse a esta feira e sinalaron que foi a mellor edición dende que temos presenza no evento, xa que conseguiron aumentar de forma considerable a súa cifra de negocio. Isto é así grazas a que Iberflora 2016 foi visitada por máis de 10.000 profesionais de 33 países como Francia, Portugal, Italia, Holanda, Reino Unido, Dinamarca, México, Brasil, Emiratos Árabes e Marrocos.

 Iberflora

 Iberflora é o gran evento profesional do sector verde en Europa. Comezou en 1972 e a día de hoxe é un referente entre as feiras de xardinería ao contar coa maior oferta comercial e formativa dentro deste negocio. Así, hai dende viveiros e grandes cadeas de distribución ata agrotendas, florerías e provedores, tendas de regalo, paisaxismo, administracións públicas, etc.
Relación de empresas galegas presentes en Iberflora:
• Viveros Brotes (Tomiño).
• Viveros Cabaleiros (Lourenzá).
• Coplant Galicia (Tomiño). 
• Viveros Denoy (Arzúa).
• Fomento Vegetal (Ribadeo).
• Hifas da Terra (Pontevedra).
• Viveros Juan Peixoto (Tomiño).
• Plant Plus, que agrupa a tres productores Hortival Narón, Viveros Costa de Lóngaras y Agro das Sebolas.
• Ullaplant (A Estrada) e agrupa a cuatro produtores: Viveros de Romai, Vivero As Zancas, Bambú del Ulla y Suffruticosa vivero de Boj.
• Veraleza (Tomiño).

Ningún comentario:

Publicar un comentario