3 de out. de 2017

A GUARDA

AS ASOCIACIONS GUARDESAS CONVIVIRON E COMPARTIRON EXPERIENCIAS NA I MOSTRA ASOCIATIVA 


Nas imaxes, compoñentes de diferentes asociacions que - entre outras - participaron na I Mostra Asociativa guardesa
Reportaxe fotográfica: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 A primeira edición da Mostra Asociativa guardesa celebrada o pasado sábado, 30 de setembro, acolleu no interior e na contorna do Centro Cultural da Vila, a máis dunha vintena de asociacións da vila que aproveitaron a xornada para dar a coñecer o seu traballo e intercambiar ideas e experiencias entre elas.  


 O executivo municipal ven de difundir á seguinte valoración da I Mostra Asociativa: Dende o Concello da Guarda desexamos amosar a nosa gratitude tanto ás asociacións participantes como a todas as persoas que se achegaron á mostra durante o día para gozar das actuacións, obradoiros, charlas e outras moitas actividades que se ofertaron dende a mañá e ata a noitiña. 


 As 24 asociacións participantes nesta I Mostra Asociativa amosáronse moi satisfeitas, igualmente, pola visibilidade que acadou o seu traballo durante o día. Namentres as pistas se enchían de actuacións e demostracións, os expositores das asociacións guardesas atenderon a numerosas persoas interesadas polas actividades propias de cada unha delas.  


 O éxito desta primeira edición, con todo, non radica só no número de persoas que se achegaron e participaron dela, senón tamén no feito de que o encontro ofreceu o espazo idóneo para que as asociacións interactuasen, compartisen experiencias e acordasen novos proxectos en común.  




 É por isto que dende o Concello temos a vontade de continuar impulsando o asociacionismo, repetindo a experiencia da Mostra Asociativa, fomentando a visibilidade do tecido asociativo guardés e colaborando na coordinación de actividades conxuntas”

A GUARDA REINVINDICA UN MULTIUSOS

 Desde Infogauda temos a convencimento que á cidadanía guardesa, a pesares da carencia de un multiusos con aforo suficiente - que como vimos afirmando desde fai anos, non debera ser inferior o que posuía o desaparecido Cine-Teatro Avenida -, non vai recuar na súa participación activa e no desenvolvemento, ó longo de todo ao ano, das diferentes actividades que veñen organizando ás asociacions existentes no termo municipal de A Guarda. Ben é certo, que moitos veciños sinten no seu interior unha sensación de orfandade que ven motivada pola devandita carencia de unha infraestructura cultural na que se poidan celebrar eventos sen que estes se vexan condicionados pola climatoloxía. 

 Por iso, desde este xornal dixital propuxemos verbalmente á celebración de unha Maratona Cultural de 24 horas ininterrrumpidas de actividades culturais de todo tipo, adaptando - evidentemente -, á programación de tal xeito que non se perxudique o lexítimo dereito o descanso dos veciños. Actividades que poidan desenvolverse ao aire libre e outras que necesariamente han de ser baixo teito. Baile, Belas Artes, Música, Poesía, Teatro,..., son, entre outras, algunhas das moitísimas posibilidades que, estamos seguros, se poden levar a bó termo. 

 Trátase, como ben dicen desde o Concello guardés, de visibilizar o tecido asociativo existente na Guarda. E nós engadimos, que ainda que algúns representantes públicos fagan ouvidos xordos, que quede ben claro que A Guarda demanda un multiusos. E ese multiusos, ben podería ubicarse no antigo colexio público Manuel Rodríguez Sinde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario