30 de set. de 2017

TOMIÑO

FIN DE SEMANA SOLIDARIO EN TOMIÑO 

A QUEDADA SOLIDARIA EN FAVOR DE GERMÁN BELLO, E A INICIATIVA "BARBEIR@S SOLIDARI@S" ENCHE A PRAZA DO SEIXO DE SOLIDARIEDADE NUN AMBIENTE LÚDICO


As iniciativas foron presentadas onte no Salón de Plenos do Concello coa presencia da alcaldesa de Tomiño, Sandra González; o director de Vontade, Miguel Pazos; a responsable de Espazo VIP, Anahíl González, e diversos membros da organización de Info Rally Motor
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 Este sábado 30 de setembro dase cita o mundo do motor a partir das 16:00 h- na Praza do Seixo de Tomiño nun encontro solidario co ex copiloto Germán Bello.  

 O ex copiloto está a atravesar unha situación familiar extremadamente difícil trala complicación na saúde da súa filla despois dun gravísimo erro médico, motivo que lle forzou á desvinculación do mondo do motor. Neste acto solidario preténdese recaudar fondos para apoiar a recuperación da súa filla. Dita quedada contará cunha Exposición de coches de competición, un simulador de Rally, Charla-coloquio (sobre as 18h) e a Subasta de Merchandising de material diverso doado por diferentes pilotos e aficionados ao Rally.  

 A iniciativa está organizada por Info Rally Motor e o Concello de Tomiño en colaboración con numerosas entidades tomiñesas.  


 O domingo 1 de outubro a solidariedade continúa na praza do Seixo cunha xornada de Perruquería na Rúa na que 30 barbeiros e barbeiras prestarán de xeito altruísta distintos servizos de perruquería, cun custo para o público de 6€. A recaudación resultante destinaráse á Asociación de persoas con discapacidade Vontade, que ten a súa sede e as súas instalacións en Tomiño. Os devanditos fondos empregaránse no apoio ao desenvolvemento dunha mellor integración de persoas con discapacidade na sociedade, e ao apoio ás súas familias.  Espazo VIP peluquer@s é a entidade que organiza e promove esta iniciativa social, no que se dan cita máis de 30 perruqueiros, perruqueiras, barbeiros e barbeiras de prestixio chegados de diferentes cidades (Madrid, Oviedo, A Coruña, Valladolid, Gijón, Benavente, etc) ofrecendo a todos os públicos variados servizos como cortes de pelo, peiteados, arranxo de barba, afeitado, etc.  

 A Asociación de persoas con discapacidade Vontade e o Concello de Tomiño colaboran nesta iniciativa, e a valoran como moi positiva xa que é un xeito novedoso de salientar e por en valor o papel que cumpren as entidades sen animo de lucro como Vontade e a importancia social da súa actividade, á vez que se xera un espazo no que a poboación pode participar dun xeito doado e divertido.  

 Ambas iniciativas foron presentadas onte no Salón de Plenos do Concello coa presencia da alcaldesa de Tomiño, Sandra González; o director de Vontade, Miguel Pazos; a responsable de Espazo VIP, Anahíl González, e diversos membros da organización de Info Rally Motor.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario