A ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA XUNTANZA ORGANIZA CURSOS E UNHA RUTA XACOBEA POLO CAMIÑO DO INVERNO
Estimados/as socios/as:
Enviámosvos información sobre as nosas actividades de formación, saúde e aprendizaxe así como o novo Camiño de Santiago que vamos facer xuntos. Propoñémosvos un novo reto para os/as amantes do Camiño e para todos/as aqueles que queirades vivir unha gratificante aventura.
CURSO 2017/2018
ACTIVIDADE
|
DÍA
|
HORARIO
|
PREZO *
|
Acordeón
|
Martes
|
19:30 – 20:30
20:30 – 21:30
21:30 – 22:30
|
25€/mes
|
Pintura e debuxo
|
Mércores ou Xoves
|
18:00 – 20:30
|
18€/mes
|
Gaita e percusión
|
Xoves
|
20:30 – 22:30
|
10€/mes Adultos 5€/mes Nenos
|
Gaita e Percusión
iniciación
|
Sábado
|
12:00 – 13:00
|
10€/mes Adultos 5€/mes Nenos
|
Baile Rexional Adultos
|
Luns
|
21:30– 23:00
|
10€/mes
|
Baile Rexional Infantil
|
Sábado
|
11:00 – 12:30
|
5€/mes
|
Clases de fitness (aerobic, step, gap,
tono)
|
Luns e Mércores
|
21:30 – 22:30
21:30 – 22:30
|
12€/mes un día 20€/mes dous días
|
Pilates
|
Martes
Xoves
|
9:00 – 10:00
21:00 – 22:00
|
15€/mes un día
25€/mes dous días
|
Teatro infantil
|
Martes
|
18:00 – 19:00
|
5€/mes
|
Teatro adultos
|
Luns
|
21:30 – 23:00
|
10€/mes
|
Playbacks
|
Sábado
|
16:00 – 17:00
|
5€/mes
|
Kinkboxing
|
Mércores e Venres
|
21:30 – 23:30
|
2€/mes
|
Zumba
|
Martes e Xoves
|
21:00 – 22:00
|
17€/mes
|
Taller de memoria para
persoas maiores
|
Por confirmar
|
19:00 – 20:00
|
12€/mes
|
Costura e corte e
confección
|
Martes
|
17:00 – 19:30
|
22€/mes
|
Canto e pandeireta
|
Por confirmar
|
Por confirmar
|
10€/mes
|
* Os/as non socios/as teñen que pagar 3 €/mes a maiores.
- Estes horarios poderán variar en función do acordado entre o/a profesor/a e os/as alumnos/as.
- Impartiranse os cursos que acaden un mínimo de alumnos/as proposto polo/a profesor/a.
- Os cursos comezarán en outubro.
- As cotas dos cursos páganse a principio de cada mes.
Recorda: faremos andainas tódolos meses co noso grupo de Xundaina. Faite amigo do noso Facebook onde informaremos de cada saída ou proporciónanos un correo electrónico onde tamén enviaremos as comunicacións.
Para máis información e/ou para anotarvos, chamade ou mandade un WhatsApp ao 646 646 500 ou envía un correo ao email: acdxuntanza@gmail.com.
CAMIÑO DE SANTIAGO
Nesta ocasión faremos o Camiño de Santiago denominado Camiño do Inverno. Este camiño era utilizado polos peregrinos, en inverno, para evitar o mal tempo e as nevadas do Cebreiro. O Camiño do Inverno transcorre por comarcas e territorios de carácter singular como: O Bierzo (León), Valdeorras (Ourense), zona da Ribeira Sacra (Ribeiras do Sil e do Miño, Ourense e Lugo) e comarca do Deza (Pontevedra).
No percorrido facemos especial mención ó conxunto arqueolóxico das Médulas declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Os Romanos deron conta do seu ouro pero nós poderemos gozar dun paraxe sen igual!
A idea é comezar 0 camiño en Ponferrada ata Santiago en varias etapas. Comezaremos por catro días, dende o 12 ó 15 de outubro.
Se estás interesado/a acude á reunión o próximo luns 02 de outubro ás 21:30h na casa cultural de Randufe. Tamén podes informarte no telf. 646 646 500 ou no facebook de Xundaina.
Non o deixes para última hora e apúntate xa!
E lembra, o día 8 de outubro é o último día para anotarse!
Ningún comentario:
Publicar un comentario