20 de set. de 2017

FOTOGRAFÍA

ALBERTE ALONSO PEREIRA 2º PREMIO NO LENSCULTURE STREET PHOTOGRAPHY AWARDS 2017,  CATEGORÍA SERIES 


Da serie "Fragmentos" © Alberte A Pereira. 2º premio, Serie, LensCulture Street Photography Awards 2017.


Infogauda / Redacción

 O fotógrafo Alberte Alonso Pereira (A Guarda, 1964) ven de acadar o 2º Premio no LensCulture Street Photography Awards 2017, na categoría Series. 

 Este premio conleva unha exposición no SF Camerawork, 1011 Market Street, 2nd Floor (San Francisco), do 11 ao 18 de novembro

 O fotógrafo guardés, afincado no Rosal, que en 2016 fora finalista no Streetfoto San Francisco International Street Photography, presentou nesta ocasión a serie "Fragmentos", na que amosa súa particular ollada como fotógrafo de rúa.

 "Fragmentos" - como mostra individual de Alberte A. Pereira -, xa estivo exposta neste 2017, no DINAMOCoworking, en Vigo e tamén na Casa Museo Casares Quiroga, na Coruña.

 Para saber un pouco máis sobor da labor creativa do fotógrafo Alberte A. Pereira, botamos unha ollada o seu blogue, e nunha entrada recente, o fotógrafo plantexa á seguinte formula á seguinte cuestión: 

Seguir as modas ou as túas ideas?

 Como noutras facetas da vida, a vestimenta, o peiteado, a estética decorativa... na fotografía tamén hai modas.  

 A verdade e que eu nunca fun de modas. Nunca as seguín por decisión propia. Lembro que si puxen algún pantalón da campá cando estaban de moda, foi porque me mercaban a roupa. Eu era un rapaz e non tiña capacidade de decisión. Agora cando vexo algunha daquelas fotos... boto unhas risas! Non é para menos!  

 O caso é que na fotografía, tamén hai modas. E se nos centramos na que se etiqueta como fotografía de rúa, non é excepción. Só temos que ver a maioría dos concursos sobre este tipo de fotografía, ver os premiados ou finalistas e veremos que, a anécdota, o chiste visual ou composicións “a lo Weeb” predomina sobre calquera outra forma na maioría deles.

 Nota da Redacción de Infogauda:
Unha vez informados do erro existente na información que publicamos onte, subsanamos o mesmo coa correspondente actualización. 
Moitas grazas Alberte pola túa acraración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario