A Deputación de Pontevedra subvenciona a promoción e mellora da Fortaleza de Santa Cruz
Centro de Interpretación da Fortaleza de Santa Cruz
Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
A Deputación de Pontevedra concedeu este ano unha subvención cunha dotación total de 16.058,82 euros ao Concello da Guarda, ao abeiro do Plan Concellos 2016, para a realización dun investimento na Fortaleza de Santa Cruz.
A Corporación local destinou o importe da axuda á mellora das instalacións e dos recursos turísticos da fortaleza guardesa, coa grabación de material audiovisual explicativo e promocional e a adquisición de novo equipamento para o Centro de Interpretación da Fortaleza. O custe total do investimento quedou cuberto pola concesión da Deputación provincial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario