7 de ago. de 2017

TOMIÑO

A ASOCIACIÓN ASISTENCIAL SOS TOMIÑO-BAIXO MIÑO RECIBIU 2.670 EUROS DO CONCELLO DE TOMIÑO


Asociación Asistencial SOS Tomiño-Baixo Miño / Tomiño

A Asociación Asistencial SOS Tomiño-Baixo Miño, quere facer público:  

 Que según estipula o artigo 14 das Bases e Convocatoria para a concesión de subvencións Municipais a entidades sen fin de lucro do Concello de Tomiño, para a realización de actividades sociais durante o ano 2017, lle foi concedida una subvención de 2.670 euros por parte do Concello de Tomiño. 

 Esta cantidade será destinada á compra de alimentos, dentro do contexto da actividade habitual da Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño, que no ano  2016, entregou un total de 30.000 quilos de alimentos a una media mensual de 30 familias no Concello de Tomiño, cun custe aproximado de 25.000 euros. 

 No ano 2017, ven atendendo unha media de 33 familias mensuais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario