5 de maio de 2017

SALCIDOS (A GUARDA)

CONVERXENCIA GALEGA INSTA O CONCELLO, AO ARRANXO DE VÍA PÚBLICA 

Celso R. Fariñas: "(...) Si temos en conta que para dar a Licencia de Obra, se levou a cabo a alineación e o retranqueo correspondente, este espacio é público, e responsabilidade municipal, mantelo en condicións decentes (...)".



Reportaxe fotográfica: Converxencia Galega / A Guarda

Infogauda / Salcidos

 Adxuntando catro fotografías do lugar o que se refire, o concelleiro Celso R. Fariñas, de Converxencia Galega, ven de presentar no Concello de A Guarda, en data 4 de maio, (Rexistro de Entrada nº: RC-2572), a seguinte interpelación: 

 SOLICITUDE ARRANXO DE VÍA PÚBLICA  

 Dende que remataron as obras de construcción de vivenda nova, e delo fai bastante tempo, a imaxe que ofrecemos a quenes transitan hacia o camping, a Xunqueira ou hacia A Cruz, non pode ser máis catastrófica, e para mostra un botón, si sumamos a proximidade da Igrexa Parroquial de Salcidos ou a instalación de hostelería que está a veira deste lugar, e que o longo de todo o ano, pero principalmente os fins de semán ou durante a temporada de vran está bastante concurrida.  


 Si temos en conta que para dar a Licencia de Obra, se levou a cabo a alineación e o retranqueo correspondente, este espacio é público, e responsabilidade municipal, mantelo en condicións decentes e non para que sirvan de motivo de crítica para vecinos/as e visitantes.  


 Dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a solicitar da Concellaría de Vías e Obras, para que da maneira máis urxente se proceda a adecentar este espacio de vía pública.   

 A Guarda, a 02  de maio  do 2.017

Celso R. Fariñas 
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA

Ningún comentario:

Publicar un comentario