8 de maio de 2017

DEPORTES

PIRAGÜISMO

BRONCE PARA O TEIXUGO LUIS FERNÁNDEZ, NA 3ª COPA DE ESPAÑA DE SLÁLOM 

Luis Fernández - a dereita da imaxe - logrou á medalla de bronce

Informa (fotografía e texto): Rosa Fernández Carrera

 A pasada fin de semana celebrouse a 3ª Copa de España de Slálom na canle olímpica da Seu D´Urgell. A expectación e participación foron máximas xa que ademais as probas forman parte do selectivo nacional para os equipos Júnior, Sub-23 e sénior. O Club Deportivo Miño - Teixugos, acudiu nesta ocasión con 5 piragüistas. 

 Andrea González rematou décimo primeira en K1 sénior e Ariadna Pereira foi oitava en K1 cadete. 

 Manuel Ochoa rematou décimo primeiro na categoría K1 sénior, a máis numerosa da competición. 

 Brais Castro rematou sexto en C1 sénior, un bo posto tendo en conta que é o seu primeiro ano na categoría. 

 Tamén en C1 sénior, Luis Fernández foi o terceiro clasificado, obtendo por tanto a medalla de bronce. Luis gañou tamén nesta competición o dereito a participar nos selectivos que se celebrarán a semana que ven na canle da localidade francesa de Pau, e no que ten moitas posibilidades de entrar tanto no equipo sub-23 como sénior. 

 Na clasificación xeral por equipos, que gañou o Cadí Canoe Kayak, club local, o Club Deportivo Miño rematou na novena posición. O mellor club galego foi o Penedo na sexta posición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario